Durante mil cincocentos anos os descendentes dos homes e mulleres que arribaron no século I A.C. á illa de Tenerife crearon unha civilización illada do mundo ata que os nove reinos do territorio guanche pasaron a ser obxectivo dos Reis Católicos.
O escritor e guionista de cine e televisión Santiago Díaz cambia de xénero con 'Los nueve reinos' tras publicar novela xuvenil e negra coa exitosa serie da inspectora Indira Ramos.
Remarca no podcast 'Cara a cara' que se trata de "unha novela histórica á miña maneira". Isto significa que "o fixen con ritmo de thriller, tratando de demostrar que unha novela de corte histórico non é sinónimo de aburrimento. Hai acción, tramas cruzadas, historias de amor, de todo un pouco".
Como escritor resultou máis desafiante "porque era o reto de contar a historia dos aborígenes canarios"; e máis complexa, "por chegar a esa documentación xa que a maioría foi escrita por cronistas casteláns un século despois da conquista". O resultado está a ser gratificante a tenor da resposta que vai recibindo do público lector.
Foi no século XV cando o mencey (rei) Bencomo reúne ao nove menceyatos (reinos) de Tenerife para loitar contra a Coroa de Castela, de maneira que na narración aparecen os reis Isabel e Fernando e tamén o navegante Cristóbal Colón, quen recalou nas illas sen obxectivos conquistadores e acabou conquistado.
Presenta a unha raíña Isabel como muller, "namorada de Fernado de Aragón que era unha pouco viva a virxe e facia sufrir". Outra das mulleres históricas que tamén ten as súas andanzas na novela é a cortesá Beatriz de Bobadilla, que "namorou os tres homes máis importantes daquela época".
E un personaxe inanimado, pero transcendente neste libro, reflectido na portada, é o volcán do Teide. "Os guanches crían que era a azamboada do diaño e temían que sangrase. Para iso agasallábano co sacrificio de animais ou co de persoas. Era fascinante o meigallo que tiña naquela sociedade", explica.