Nove rapeiros de Marín, xuntos nunha nova edición do "Show 369"

Marín
24 de xullo 2024

A Alameda de Marín acollerá este sábado 27 de xullo a segunda edición do "Show 369", un concerto conxunto do coñecido como colectivo 369. Nel participarán nove rapeiros marinenses, un produtor e algunha colaborador sorpresa

Presentación do concerto "Show 369" Concello de Marín

A Alameda de Marín acollerá este sábado 27 de xullo a segunda edición do "Show 369", un concerto conxunto do coñecido como colectivo 369.

Nel participarán nove rapeiros marinenses, un produtor e algunha colaborador sorpresa, segundo explicaron a concelleira de festas, Marián Sanmartín, e o portavoz deste colectivo, Alexandre González.

A organización aspira a seguir afianzando o evento e crear así un oco para a música urbana que, nun futuro, sirva de inspiración para as novas xeracións de Marín que se interesen polo rap, como para eles fórono referentes como Sucias Ratas ou SoloNosotros.

O concerto terá dous pases de 40 minutos de duración cada un, aproximadamente, "onde se pretende xerar un carrusel de emocións no oínte", cun descanso de quince minutos polo medio, no que tamén haberá algunha sorpresa.

Nas inmediacións haberá unha caseta de roupa onde se venderá roupa de carácter urbano e diversos artigos de merchandising do colectivo 369.