'No solo cuatro cosas' o libro póstumo de Javier Sánchez de Dios brilla no Liceo Casino

Pontevedra
11 de decembro 2024

Editado por Tino Domínguez, este libro recolle entrevistas e artigos inéditos nos que o xornalista fai un repaso polas últimas décadas da política galega ata o ano 2000.

Acto de presentación do libro póstumo de Javier Sánchez de Dios Xunta de Galicia

O Liceo Casino de Pontevedra acolleu este martes a presentación de 'No solo cuatro cosas. La historia de la Galicia democrática contada por Paco Vedra', o título do libro de homenaxe ao xornalista Javier Sánchez de Dios.

Editado por Tino Domínguez, este libro recolle entrevistas e artigos inéditos nos que o xornalista fai un repaso polas últimas décadas da política galega ata o ano 2000.

Á presentación acudiu, entre outras autoridades, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen destacou as crónicas e artigos de Sánchez de Dios ao longo de toda a súa carreira, sempre vencelladas á actualidade do momento.

O presidente asegurou que o autor forma parte da historia do xornalismo galego e resaltou o seu estilo único e persoal no que apostaba por explicar o que acontecía dun modo crítico e co uso habitual da ironía.

O Salón encheuse de público onde se proxectaba un vídeo de cando o xornalista recollía o premio Castelao.

Numerosas personalidades coñecidas da política pontevedresa acudiron como o ex alcalde José Rivas Fontán; o delegado territorial da Xunta de Galicia, Agustín Reguera, e o deputado provincial e alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.

Tamén asistiron José Manuel Merelles, director da Axencia Turismo de Galicia; Pedro Rojo, secretario xeral de Medios; e Belén Regueira, presidenta do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Presentación do libro póstumo de Javier Sánchez de DiosXunta de Galicia
Alfonso Rueda coa familia do xornalista Javier Sánchez de DiosXunta de Galicia