Noite para aterrorizarse na Pedreira con 'Psicose', un clásico imprescindible de Alfred Hitchcock

Pontevedra
07 de agosto 2020

Este venres rematan as proxeccións ao aire libre na Praza da Pedreira do ciclo Cinema na Lúa. Esta última sesión conta cun clásico da historia do cinema que deixa imaxes que xa forman parte do imaxinario colectivo nunha historia interpretada por Anthony Perkins e Janet Leigh

Fotograma de 'Psicose' Cineclube Pontevedra

Este venres 7 finalizan as proxeccións ao aire libre do ciclo Cinema na Lúa que se desenvolven na  Praza da Pedreira. E que mellor colofón que una das obras mestras de Alfred Hitchcock, 'Psicose' ('Psycho').

Esta película estreábase o 16 de xuño de 1960 en Nova York e converteuse nunha das películas icónicas da historia do cinema deixando escenas inesquecibles dentro do cinema de terror.

Con motivo da celebración do 60 aniversario, o Cineclube Pontevedra aproveita para proxectar esta cinta ao aire libre, en versión orixinal subtitulada e co son da máquina proxectora de 35 milímetros acompañando a banda de son. 

Esta película, protagonizada por Anthony Perkins e Janet Leigh, conta a historia dunha secretaria nova Marion Crane que, tras roubar o diñeiro da súa empresa, inicia unha fuga que lle leva ata un motel apartado onde se atopará cun mozo sorprendente,  Norman Bates. 

A proxección comezará ás 23.00 horas e manteranse as medidas sanitarias establecidas polas autoridades. 

Arquivado en