Nove localidades galegas serán, un ano máis, as sedes das Residencias Paraíso. E o Pazo da Cultura de Pontevedra será un deste espazos de creación artística.
Este programa anual de residencias busca ofrecer a creadores do ámbito da danza e as artes vivas un espazo no que desenvolver os seus novos proxectos de investigación ou creación artística. Para iso terán tres semanas, a elixir entre os meses de abril e outubro.
As artistas seleccionadas polo Colectivo RPM, entidade independente dedicada ao impulso da danza e a creación contemporánea en Galicia, para protagonizar a residencia artística no Pazo da Cultura son a galega Noela Covelo e a francesa Élise Moreau, afincadas en Barcelona.
Ambas desenvolverán un proxecto denominado En esta sala hay magia.
Con esta iniciativa de investigación, que indaga nos mecanismos do xénero da ópera –cunha perspectiva experimental a partir da obra de A frauta máxica-, as artistas traballarán paralelamente nos campos sonoro e coreográfico.
El resto de seleccionados como Artistas Paraíso 2024 han sido Sergio Marey, que estará en Vimianzo; Fran Rodríguez & Brais Pombo e Ana Cotoré, ambas propostas na Cidade da Cultura; Desgarradura, en Ribadavia; ou Cris Balboa e Lucas Damiani, no vello cárcere de Lugo.
A lista complétase con José Ramón Hernández / Osikán - vivero de creación, que terá a súa residencia no Pazo da Cultura de Carballo; e Furia Sotelo, que estará en Narón.