Este 27 de abril é sábado de Galegote Rock en Pontevedra.
A duodécima edición do festival, integramente con música en galego, contaba este xornada con ata 14 actuacións en diversos puntos da cidade.
Nin a choiva detívoo, aínda que si obrigou a cambiar os plans iniciais trasladando as actuacións que estaban previsto ao aire libre.
Desta forma a proposta infantil 'Conto nas verzas' de Cora Velasco e Sandra Ansín e os concertos de Caldo e de Ataque Escampe pasaron á planta superior do Mercado de Abastos.
Ademais o grupo Moucho actuou no Tábula Rasa ao comezo da xornada lembrando o músico Dany Moure. Lacón sin jrelos, Filloas, Debajodelapalmera e Rodrigo Valiente, Duendenteta Dilleis, Zeltia Irevire, Michu da Rocha, Duques do Precariado, Amoebo, Hydn y Érika Machado completaban o cartel do Galegote Rock ao longo de toda a xornada de sábado.