Máis de 50 músicos de Pontevedra reúnense para cantar 'Ya es Navidad'

Pontevedra
11 de decembro 2024
Actualizado: 13 de decembro

Co nome de Paparruchas banda lanzouse nas principais plataformas de música esta "colaboración inédita na historia", tal e como eles mesmos sinalan nas redes sociais.

Imaxe da canción 'Ya es Navidad', de Paparruchas banda Paparruchas banda

Apoiar a doazón de alimentos para o Comedor de San Francisco é o fin dunha iniciativa solidaria que reune a "máis de 50 músicos e amigos" de Pontevedra para cantar 'Ya es Navidad' e pór "o seu granito de area para que a canción e o videoclip sexan unha realidade".

Co nome de Paparruchas banda lanzouse nas principais plataformas de música esta "colaboración inédita na historia", tal e como eles mesmos sinalan na difusión desta campaña nas redes sociais.

Antón Cruces, Rafa Darrosa e Jordi Pluvins recuperan unha canción que compuxeron en 2007 e xuntaron a "musicazos" como: The Black Stones, Mr. Magoo, La Casa de los Ingleses, La Mala Letra, Conductores Suicidas, Chroma, Terapia de grupo, Champurrada, Gustavo Almeida, Los Tonikash, Malkeda, Palito, Rober Calvo, Carlota Crey, Awen Cross, Helena Egea, Queco Lago, Valiente, Guille García, Still Crazy Mother Fuckers, Breixo Pastoriza, Toño Crespo, American Crazy Rober, 56 Rosas, Arturo Delgado, Skirl, Blue Merrow, Txhus, Manuel Gamero, Valentín Dacova, Yago Carreño, Iñaki Jáuregui, Rolando Marrón, Charlie Godell, Andrés Barros, Alba Pino, Sara Castro, Marta Curros, Joana Robles, Diogo, Iron Hunter, Dabelaii, Brutal, Luis Otero e Jacobo Sainz.

"Temos a sorte de que na cidade hai música para todos os gustos", aseguran.

A lista de artistas aumenta co videoclip onde se suman as colaboracións do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez; o concelleiro do PSOE, Iván Puentes; o cociñeiro Pepe Solla; o escritor Manel Loureiro, o actor Darío Fernández ou os nenos dos colexios San José e Villaverde.

O videoclip gravouse no ximnasio Be One de Campolongo que é tamén un dos puntos de recollida de alimentos para o Comedor de San Francisco.

O gañador de cinco premios Latin Grammy, o pontevedrés Caco Refojo, é o enxeñeiro de son que deu forma a esta canción no Estudio Montepríncipe.

Entre as colaboracións tamén están Urco Produccións, Litium Records, Sergraf, Marroquillos, Gramola e Fatal Films.