Musiconto para crear conciencia sobre a reciclaxe

O Salnés
21 de agosto 2014

Nove instrumentistas da Banda de Música de Vilagaría e un narrador puxeron voz á historia de Lino recicla con tino nos xardíns de Ravella, obra coa que se espera incrementar a conciencia e sensibilidade ambiental da poboación en torno ao reciclaxe  

A Banda de Música de Vilagarcía estrea o musiconto 'O príncipe Lino no reino de Azeleb'

Os xardíns de Ravella de Vilagarcía combinaron este mércores o ocio e a concienciación medioambiental a través da representación do musiconto O príncipe Lino no reino de Azeleb, unha obra que trata o tema do reciclaxe e que conta coa colaboración da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama).

Nove instrumentistas da Banda de Música de Vilagaría e un narrador puxeron voz á historia de Lino recicla con tino, coa que se espera incrementar a conciencia e sensibilidade ambiental da poboación en torno ao reciclaxe.

Lino recicla con tino pretende trasladar ao público importancia que ten a correcta xestión dos residuos que xeramos a diario para poder gozar dun entorno limpo e saudable, deixando un mellor legado ás xeracións vinderas. A representación estivo dirixida aos nenos e conseguiu encher todas as cadeiras instaladas polo Concello nos xardíns de Ravella.

A obra relata a viaxe que o príncipe Lino, herdeiro do trono de Azeleb (Beleza ao revés), realiza polo seu reino para converterse en Rei; un percorrido no que se irá encontrando con diversos personaxes que lle amosarán a importancia dos oficios que desempeñan (o valor dun mariñeiro, o traballo manual e artesán dun canteiro, a creatividade e decisión dunha aventureira, ⿦), comprobando como cada un deles xestiona os seus desfeitos co obxectivo de manter limpo o reino.

Ademais do valor pedagóxico vinculado á educación medio ambiental e ao recoñecemento dos diferentes instrumentos utilizados, o proxecto faise eco de mensaxes referidos, entre outras cuestións, á importancia do traballo en equipo, ao papel clave das mulleres nas distintas profesións, ao uso da innovación e a creatividade para solucionar os problemas cos que nos imos atopando cada día.

A coordinación e adaptación musical deste musiconto corre a cargo de Jesús Nogueira, director de la Escola Municipal de Música de Vilagarcía e da Banda de Música, e conta coa participación de Víctor Costa, creador dos textos; Marta Novoa, encargada da adaptación pedagóxica; e Ana Belén Nieto, que leva o peso do deseño gráfico.