A Concellaría de Normalización Lingüística de Pontevedra convoca o certame 'Música nas Letras', un concurso que busca incentivar o uso da lingua galega na música creada e interpretada no concello, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.
Os participantes deberán musicar, con composicións orixinais, un poema ou versos do homenaxeado nas Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán.
Seleccionaranse tres finalistas entre os que se repartirán 1.000 euros (1º premio), 500 euros (2º premio) e 250 euros (3º premio).
As bases poden consultarse na páxina web do Servizo de Normalización Língüística do Concello de Pontevedra: snl.pontevedra.gal
BASES DO CONCURSO
As bandas participantes deben musicar, con composicións orixinais, un poema ou mestura libre de versos de Florencio Delgado Gurriarán.
Poderán participar todas aquelas bandas de calquera xénero ou estilo musical de Pontevedra ou que acrediten ter un compoñente da cidade.
A lingua de creación, comunicación e interpretación ha de ser unicamente o galego.
Para inscribirse, os grupos participantes deberán remitir o tema composto en formato audio, MP3, MP4..., xunto cos datos datos da banda, nome e compoñentes, os datos de contacto e fotocopia do DNI ou volante de empadroamento que certifique a residencia, de polo menos un dos compoñentes ao correo electrónico lingualatexa@gmail.com
O prazo de presentación remata o día 5 de maio de 2022.
Un xurado formado por profesionais do sector cultural seleccionará os grupos finalistas.
Os tres finalistas comprométense a interpretar a súa composición o 17 de maio, nun acto público organizado polo Concello de Pontevedra.
Para estas actuacións, o propio Concello porá o rider técnico e a produción necesaria para a realización do concerto. Neste acto tamén terá lugar a entrega de premios.