A Banda de Música de Pontevedra (BMP) ambientou o Nadal da Boa Vila con dous concertos nas prazas da cidade.
As clásicas melodías destas festas protagonizaron este ‘Sons de Nadal’ que contou con dúas actuacións, a primeira ás sete da tarde na Ferrería e unha hora máis tarde na Praza de España.
Os pontevedreses premiaron cos seus aplausos o bo facer destes músicos e aproveitaron para gravar o concerto cos seus teléfonos.
Nunha tarde na que as rúas volveron a estar ateigadas de xente o protagonista da maioría das fotos segue a ser o Poboado de Nadal que permanece aberto na Ferraría cun horario de 11.30 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 horas co mercado de artesanía e a ambientación de Nadal.
O Bosque de xogos da Praza de España onde está tirolesa, a pista de xeo e o tobogán xigante aos que se pode acceder coa presentación dun tícket do comercio local abre durante a fin de semana e nos festivos de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00 horas.
Por outro lado, permanece aberta a convocatoria para solicitar un posto no mercadiño de Nadal que se instalará no Mercado de Abastos.
O programa Nadal no Mercado aproveitará as casetas da primeira planta da Plaza de Abastos e crearase un mercadiño creativo no que se atoparán artigos singulares vencellados á economía creativa.
As persoas interesadas poderán solicitar, ademais, a concesión dun posto de comida e bebida, tamén no primeiro andar do Mercado de Abastos.
Ao respecto dos postos no mercadiño, as bases recollen que está dirixido a particulares ou entidades que ofrezan produtos singulares e creativos. O mercadiño está pensado tanto para público adulto como infantil, e estará aberto do 27 ao 31 de decembro.
As persoas interesadas poderán cubrir e consultas as bases nesta dirección web: https://apuntate.pontevedra.gal/nadal-no-mercado/