Mozart se asoma a Vilagarcía a través de la voz de la soprano Laura Alonso

O Salnés
08 de decembro 2013

O concerto coas arias máis fermosas das óperas Don Giovanni e Cosí fan tutte celebrarase o domingo a partir das 20:30 horas

O Auditorio Municipal acolle este domingo, 8 de decembro, o Concierto Mozart, un programa que inclúe algunha das máis fermosas arias do repertorio que o maestro de Salzburgo compuxo para voz feminina, tenor e barítono. O Grupo Instrumental Siglo XX correrá coa parte instrumental do espectáculo que ten no seu cartel á soprano vilagarciá Laura Alonso.

O espectáculo centrarase nas óperas Don Giovanni e Cosí fan tutte, cuxos temas serán interpretados por excelentes voces solistas como as de Juan Antonio Sanabria, Eric Mauricio Torres e Laura Alonso Padín. A directora italiana Giuliana Retali dirixirá ao prestixioso Grupo Instrumental Siglo XX, formado por solistas da Orquesta Sinfónica de Galicia, incluído o concertino é Florian Vlashi.

Laura Alonso Padín, nacida en Vilagarcía de Arousa, reside entre Berlín e New York, e actúa regularmente en salas e teatros de renome internacional, dende Israel, México, Alemania, New York ou Grecia. Proximamente actuará na sala da Musikverein de Viena, na Herkules Saal de Múnic, así como na prestixiosa Smetana Hall de Praga. Nos vindeiros meses actuará ademais en Parma (Italia), Lviv (Ucrania), Krefeld (Alemania) e en Braga (Portugal).

Como gañadora de varios premios en concursos internacionais de canto destaca o seu Primeiro Premio no último Certame Alfredo Kraus, xunto a outros nos certames Franco Corelli, Verviers ou Jaume Aragall.