Tras dous anos de xira, Morgan prepárase para despedir os concertos en directo para presentar o seu, ata o de agora, último disco de estudoThe river and the stone. Para iso, a banda ofrecerá varios concertos en salas e teatros entre novembro e febreiro de 2024.
Unha desas paradas será en Pontevedra. O Pazo da Cultura será o escenario do reencontro de Morgan co público pontevedrés. Este concerto está previsto para o 27 de xaneiro.
Así o desvelou a banda liderada por Nina de Juan, que xa en 2019 protagonizou con gran éxito una das citas do ciclo As Matinés do Principal, logrando encher o Teatro Principal.
No seu próximo concerto en Pontevedra, Morgan interpretará os principais temas do álbum The river and the stone e, ademais, avanzan que incluirán algúns das súas cancións clásicas.
As entradas para este concerto, que teñen un prezo de 20 euros, pódense adquirir en Ataquilla.com.
O fin de xira de Morgan, que leva por título The River Tour, levaralles tamén por León, Málaga, Xixón, Bilbao, Barcelona, Valencia, Madrid, Pamplona ou Santander.