'Monstruo 16' ou como facer arte con residuos urbanos

Pontevedra
03 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

Trátase de creacións do alumno de Belas Artes de Pontevedra Álex Fuertes e do profesor Ignacio Pérez-Jofre. A mostra está aberta ao público no espazo da asociación Kentada, na rúa da Barca

'Monstruo 16' DUVI - UVigo

Álex Fuertes, alumno de doutoramento en Belas Artes, e o artista e profesor da facultade pontevedresa Ignacio Pérez-Jofre son os creadores de 'Monstruo 16', unha instalación de grandes dimensións que se expón no local da asociación Kentada, na Rúa da Barca.

A peza está creada con diferentes materiais atopados nas proximidades do local desta asociación, que impulsan egresados da facultade. Ademais, a mostra complétase cunha proxección para coñecer as quince pezas previas a este elemento definitivo. 

Esas quince pezas realizáronse en espazos abandonados e con materiais procedentes de residuos desas contornas urbanas.

Fuertes está a desenvolver unha liña de investigación para a súa tese doutoral, que dirixe o propio Pérez-Jofre. Este traballo permítelle comprobar tanto de maneira práctica como teórica a utilización dos residuos sólidos urbanos na pintura actual, segundo recolle o DUVI.

A obra permanecerá no local de exposición ata o venres 19 de abril.