Mercedes Peón, unha 'guerrilleira' no Teatro Principal

Pontevedra
08 de outubro 2023

A artista galega presentou este sábado no Teatro Principal de Pontevedra o seu espectáculo 'Osmose', dentro do ciclo Guerrilla

Concerto de Mercedes Peón no Teatro Principal

É unha das voces máis importantes de Galicia e demostrouno este sábado no Teatro Principal de Pontevedra.

Mercedes Peón foi a protagonista da xornada no ciclo 'Guerrilla', presentando o seu espectáculo 'Osmose'.

Tratábase dunha proposta audiovisual e sonora inspirada na loita das obreiras da fábrica de Pontesa. 

O broche a 'Guerrilla' chegará aínda este domingo 8 de outubro coa presenza en Pontevedra das protagonistas do documental de Fermín Muguruza, Essoh Romeo Atchori, Yedoh Aetz Atchori Lazkano e Miren Larraitz Lazkano Vendrell.