Mario Iglesias estrea “El origen del problema”, a súa primera webserie, no Principal

Pontevedra
13 de outubro 2016

O director pontevedrés Mario Iglesias proba sorte no mundo das webseries. Faino cun proxecto titulado El origen del problema. O seu primeiro episodio estrearase este sábado 15 de outubro, a partir das oito da tarde, no Teatro Principal de Pontevedra

Rodaxe de "El origen del problema", webserie de Mario Iglesias Mario Iglesias

O director pontevedrés Mario Iglesias proba sorte no mundo das webseries. Faino cun proxecto titulado El origen del problema. O seu primeiro episodio estrearase este sábado 15 de outubro, a partir das oito da tarde, no Teatro Principal de Pontevedra.

En El origen del problema, conflitos, dúbidas, temores e toda clase de problemáticas levan a persoas correntes -e non tan correntes- a achegarse a un gabinete de psicoterapia coa fin de compartir as súas inquedanzas e calmar as súas vidas das cargas que os aflixen.

Neste proxecto audiovisual colaboran o Concello de Pontevedra e a Pontevedra Film Commision.

El origen del problema, producida por Alberto Plágaro e Miguel López, foi rodada durante os últimos anos en diversas localizacións da cidade de Pontevedra, entre elas diferentes rúas e prazas do centro histórico, a cafetería Blanco y Negro ou a cervexaría La Gramola.

A entrada para a estrea é de balde ata completar o aforamento do teatro.