Marín convoca o seu XXI Premio de Poesía para conmemorar as Letras Galegas

Marín
02 de abril 2022

O prazo de presentación de traballos rematará o 25 de abril. Na modalidade de adultos, o gañador ou gañadora poderá optar a un premio de 1.000 euros

Marín conmemora as Letras Galegas 2021 Concello de Marín

O Concello de Marín, co obxectivo de fomentar a creatividade entre os seus veciños e o uso da lingua galega, convocou a súa XXI Premio de Poesía con motivo da celebración das Letras Galegas.

O certame contará cunha modalidade destinada ao alumnado do municipio que cursa Primaria e os cursos de 1º e 2º de Secundaria, e tamén outra modalidade pata adultos.

No caso do concurso escolar,, con premios consistentes en material  ediucativo, os traballos debe ser inéditos, de temática libre e realizados en lingua galega, cunha extensión máxima de 20 versos, en Din A4, escritos por unha soa cara. O prazo de admisión de traballos xa está aberto e pechará o día 25 de abril ás 14.00 horas. Cada centro poderá presentar como máximo tres traballos por categoría. (1-2º de Primaria, 3-4º, 5-6º e 1-2º de Secundaria).

A Dirección de cada centro educativo subirá os traballos que opten ao premio á páxina web do Concello de Marín.

Pola súa banda no que se refire á modalidade de adultos, os traballos terán unha extensión mínima de 100 versos, non sendo requisito imprescindible que formen parte dun só poema, de temática libre. O tipo de letra será 'Times New Roman' a 12 puntos de tamaño e só poderase presentar un único traballo, tamén con prazo de presentación ata o 25 de abril ás 14.00 horas. Concederase un único premio de 1.000 euros.