Máis de 300 actividades nun Salón do Libro que pasa a invadir o recinto feiral

Pontevedra
20 de febreiro 2015

Pontevedra está a unha semana de volver converterse no "epicentro da literatura infantil e xuvenil" de Galicia. O próximo venres 27 de febreiro bota a andar o XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, e a mascota do evento, Orbil, presentaron este venres a completa programación da cita cultural

Anxos Riveiro e Orbil presentan o XVI Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Anxos Riveiro e Orbil presentan o XVI Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra / Mónica Patxot

Pontevedra está a unha semana de volver converterse no "epicentro da literatura infantil e xuvenil" de Galicia. O próximo venres 27 de febreiro bota a andar o XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, e a mascota do evento, Orbil, presentaron este venres a completa programación da cita cultural, que incluirá máis de 300 actividades.

A edición 2015 prolongarase ata o 28 de marzo e este ano, por primeira vez, ampliará o seu espazo a todo o recinto feiral. Segundo indicou Riveiro, o espazo central seguirá sendo o Pazo e as situacións tradicionais do Salón, pero a masiva afluencia de xente en días e actividades concretas e as características dalgunhas das iniciativas organizadas esixían ter máis espazo no que realizalas.

O Salón pasará a ocupar todo un lateral do recinto cunha exposición sobre ciencia e deporte cedida pola Fundación Museo da Ciencia de Valladolid e o resto ocuparase de forma puntual con accións como a instalación dun planetario móbil, entre outros.

Baixo o paraugas da temática elixida para este ano, 'Da ciencia á ficción', o Salón recibirá traballos de 40 centros escolares colaboradores e prevé a asistencia a través de visitas e de participación en obradoiros de máis de 10.000 alumnos de toda Galicia.

Anxos Riveiro resaltou que o obxectivo do Salón "segue a ser ou mesmo co que naceu" e non é outro que "fomentar a lectura como base para o coñecento dende idades temperás, implicando familias e docentes" e, para lograr cumprir con el, nesta ocasión, contan con aínda máis entidades colaboradores que as habituais. Dada a temática desta edición, cobran protagonismo institucións científicas como o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), La Fundación Museo de la Ciencia de Valladolid, o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a Fundación Barrié ou o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt).

O Salón recibirá traballos de 40 centros escolares e prevé a asistencia de máis de 10.000 alumnos de toda Galicia

O salón prolongarase durante cinco semanas, unha máis do habitual, e, como novidade, incluirá parte das actividades do programa 'Noites Abertas', un ciclo de cine con películas cedidas polo CGAI e tres cursos específicos para docentes en colaboración co Centro de Formacion e Recursos Educativos (CEFORE) de Pontevedra.

'Da ciencia á ficción' permitirá que a literatura e a ciencia se dean a man de xeito ameno para achegar ambas disciplinas aos máis pequenos con mestres de cerimonia recoñecidos a nivel galego, nacional e incluso internacional como o psicopedagogo Francesco Tonucci, o forense Ángel Carracedo ou o físico e divulgador Jorge Mira, que coincidirán con artistas como Paulo Lameiro, Pep Bou, Xoán Curiel, Raquel Queizás e os pontevedreses Andrea Bayer, Itziar Ezquieta e Miguel Vidal, entre outros.

O Salón tamén contará con estreas e tamén con espectáculos feitos especialmente tendo en conta a temática da súa XVI edición. ÿ o caso de ⿿A pel da auga⿿, de Pep Bou; de ⿿O circo atómico das irmáns Faynman⿿, de Chévere; ⿿A guerra dos números⿿, de María Lado, Lucía Aldao e o SPJ Trío; ⿿Godzilla⿿, da Banda de Música de Pontevedra; ⿿Luppo⿿, de Baobab Teatro; ⿿A gramola gominola⿿; ⿿O ritmo do camiño⿿, da Tropa de Trapo; ⿿Peter Pan⿿, da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra; ⿿A miña estrela⿿, da Orquestra de Cámara Lira, e o concerto do coro infantil do Conservatorio Manuel Quiroga.

Anxos Riveiro incidiu en que a oferta inclúe moitas actividades e espectáculos de entrada de balde e os que non o son "teñen un prezo moi asequible de tres euros, para que ninguén se quede sen ir".

O programa completo pode descargarse aquí.