Corenta colexios exporán os seus traballos na XVI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Por Redacción
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra segue a atraer o interese dos centros educativos, non só da cidade, senón do resto da provincia. Para a súa décimo sexta edición, que se celebrará entre os días 27 de febreiro e 28 de marzo, participarán como expositores corenta colexios. Todos eles exporán os traballos realizados polos seus alumnos co gallo desta iniciativa cultural e educativa.
En concreto, a maior parte dos colexios serán de Pontevedra, tanto da cidade como do resto das parroquias do rural. Pero tamén haberá presenza de centros educativos de Vigo, Soutomaior, Ponte Caldelas ou Rianxo.
Este modelo de participación implica a realización dun traballo en formato libro ou volumétrico por parte do alumnado, baseándose na bibliografía facilitada e relacionado co tema de cada edición, desta volta Da ciencia á ficción.
Os traballos permanecerán expostos na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura e poderán ser visitados libremente ao longo do salón en horario de tarde e mañá e tarde durante a fin de semana.
Como ven sendo habitual, os centros de ensino colaboradores participarán en diferentes actividades segundo a idade: espectáculo inédito para educación infantil, contacontos para o primeiro ciclo de primaria, obradoiros para segundo e terceiro ciclo e unha actividade especial para os pertencentes a ESO e Bacharelato. Estas actividades van acompañadas dunha visita ao salón e un tempo de esparexemento na biblioteca.
Relacionadas:
-
O Salón do Libro pon en marcha un concurso de microrrelatos a través de Twitter
Por Redacción |
-
Chévere recupera o seu exitoso "Circo atómico das irmáns Feynman" para o Salón do Libro
Por Redacción |
-
Animación stop-motion, arte e experimentación científica, obradoiros para docentes no Salón do Libro
Por Redacción |
-
Preto de 175.000 persoas participaron no 2014 nas actividades de Pazo, Teatro Principal e Recinto Feiral
Por Redacción |
-
O Culturgal da "consolidación" bate récords: case 15.000 persoas en tres días e anuncia a súa volta no 2015
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Ciencia e ficción, xuntos nun Salón do Libro Infantil e Xuvenil que amplía a súa duración a un mes
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |