A organización do Atlantic Fest, festival que se celebrará do 30 de xuño ao 2 de xullo na Illa de Arousa, confirmou ao segundo compoñente do seu cartel.
Trátase dun dos grupos máis representativos do indie estatal, Los Planetas, que teñen previsto lanzar ao mercado un novo traballo discofráfico o próximo mes de marzo, do que aínda se descoñece o título pero do que se pode escoitar xa un single de adianto, 'Espíritu Olímpico'.
A banda granadina serán protagonistas o segundo día do Atlantic Fest, o 1 xullo, cando repasarán o mellor do seu amplo repertorio.
Los Planetas únense así ao cartel da segunda edición do festival, no que xa estaba confirmado The Temper Trap.