Los Planetas e Ilegales completan os grandes concertos das Festas da Peregrina

Pontevedra
19 de xullo 2022

Dúas bandas históricas da música española, cada unha no seu propio estilo, completarán a programación dos grandes concertos das Festas da Peregrina, que se celebrarán do 13 ao 21 de agosto. Son Los Planetas e Ilegales

Ilegales Ilegales

Dúas bandas históricas da música española, cada unha no seu propio estilo, completarán a programación dos grandes concertos das Festas da Peregrina, que se celebrarán do 13 ao 21 de agosto. Son Los Planetas e Ilegales.

Ambos os grupos súmanse á oferta na que xa estaban Zahara (14 de agosto), Coque Malla (15 de agosto), Fernando Costa (16 de agosto), Treixadura (17 de agosto), Juancho Marqués (19 de agosto) e Camela (21 de agosto), xunto co musical O Pequeno Rei da Sabana (18 de agosto).

Los Planetas serán os encargados de abrir os concerto das festas patronais de Pontevedra. Será o 13 de agosto, ás 22:30 horas, na Praza de España.

Tras actuar con éxito no recente Atlantic Fest, que se celebrou esta fin de semana en Vilagarcía, a banda granadina, que está a piques de cumprir trinta anos sobre os escenarios, presentará os temas do seu décimo disco de estudo, Las canciones del agua.

 

E o sábado 20 de agosto actuará en Pontevedra a banda de rock Ilegales. Liderada por Jorge Martínez, levan en activo desde 1982 -cunha breve paréntese de tres anos en 2011-, defendendo o seu lugar no olimpo do rock español.

O seu último disco, La lucha por la vida, editado este mesmo ano, sérvelles para celebrar as súas catro décadas de traxectoria musical. Este traballo, xunto cos temas míticos do grupo asturiano, soará en directo na Praza de España de Pontevedra.

 

Estes dous últimos concertos confirmados, como o resto dos incluídos na programación festiva de Pontevedra serán gratuítos. Non será necesario retirar ningún tipo de entrada nin invitación