'Lion' e 'All That Heaven Allows', dobre cita cinéfila en Pontevedra

Pontevedra
15 de outubro 2019

Os afeccionados ao cine disporán este martes dunha dobre cita na capital, xa que á sesión habitual do Cineclube pontevedrés se suma o comezo do ciclo Voces Rotas, que organiza a obra social de Abanca durantas as catro próximas semana

'Lion', de Garth Davis See-Saw Films / Screen Australia / Sunstar Entertainment / Weinstein Company

Os afeccionados ao cine disporán este martes dunha dobre cita na capital, xa que á sesión habitual do Cineclube pontevedrés se suma o comezo do ciclo Voces Rotas, que organiza a obra social de Abanca durantas as catro próximas semanas.

Buscando visibilizar diferentes problemáticas sociais como o racismo, a pederastia, as diferenzas de clase ou a marxinación, o ciclo Voces Rotas arrinca ás 19.00 na Sede de Afundación coa proxección de 'Lion'. Nesta cinta nárrase a historia de Saroo, un xoven indio que despois de vinte e cinco anos vivindo en Australia volve á India na procura da súa familia. A cinta recibiu seis candidaturas aos Oscar, entre elas á de mellor película e mellor guion adaptado. A entrada será de balde ata acompletar aforo e a proxección realizarase doblada ao castelán.

Mentres tanto o Cineclube de Pontevedra continúa con 'All That Heaven Allows' a súa retrospectiva sobre parellas. Nesta cinta de 1955 unha viúva da alta sociedade estadounidense e o seu xardineiro vivirán un romance non exento das dificultades e os prexuízos que suscita a diferencia entre as clases ás que pertencen cada un. Como acostuma, a proxección realizarase ás 20.30 no Teatro Principal en versión orixinal subtitulada, cunha entrada de dous euros.

Ficha
Título: Lion
Director: Garth Davis
Ano: 2016
País: Australia, Estados Unidos, Reino Unido
Duración: 118 min.
Versión Orixinal: Inglés

Ficha
Título: All That Heaven Allows
Director: Douglas Sirk
Ano: 1955
País: Estados Unidos
Duración: 89 min.
Versión Orixinal: Inglés