Leverelem... das artes da fala

Pontevedra
30 de setembro 2012

O festival Leverelem son dúas noites de espectáculos únicos na cidade de Pontevedra sobre a arte vocal dun xeito aberto para toda a cidadanía de todas as idades, condicións e estados de ánimo.

Leverelem... das artes da fala Concello de Pontevedra

 

O Leverelem é o primeiro festival do mundo adicado ás artes da fala, á oralidade como medio artístico e de expresión, sen fronteiras estilísticas, sobre a tradición oral, a poesía, a comunicación, o teatro, a canción, o conto, a retórica, a expresión vocal, a regueifa, o cabaret, con música, radio, humor, verso, verbo, improvisación, mensaxe subliminal e lingua.

Son dúas noites de espectáculos únicos na cidade de Pontevedra sobre a arte vocal dun xeito aberto para toda a cidadanía de todas as idades, condicións e estados de ánimo.

O vernes 5 de outubro Radio ao Vivo presenta Xurxo Souto Con Sés, AFI, Trioliro Requeifeiros, P. Ceremuzynska, Novos Diplomáticos, conVersos.

O sábado 6 de outubro Noite de variedades presenta Quico Cadaval con Chévere, Paula Carballeira, Marián Bañobre, Cabraret, Triateros e Pei de Noz e actuacións de rúa pola zona vella os dous días a partires das 19.00 horas.

O prezo da entrada é de 3 euros.