Leo Bassi fai balance no Principal da súa traxectoria de 70 anos

Pontevedra
06 de outubro 2023

O clown polémico e irreverente ofreceu en Pontevedra o seu espectáculo '70+' dentro do ciclo Guerrilla 2023 reclamando respecto para as persoas maiores poñendo atención sobre o edadismo

Espectáculo de Leo Bassi no Teatro Principal de Pontevedra Mónica Patxot

Leo Bassi, o polémico e controvertido clown, ofrecía este xoves no Teatro Principal un repaso á súa dilatada carreira co seu espectáculo '70+'.

A montaxe ofrecía unha chamada de atención sobre a vellez e puxo o foco na discriminación que sofren moitas persoas por ser maiores, o denominado "idadismo", todo sempre cargado de humor, reflexión e ironía.

Bassi expón que "chegar aos 70 anos non entraba nos meus plans. Agora, fronte a unha realidade que non podo negar, teño 70 anos! Estou totalmente asombrado polas enerxías que descubro a diario na miña e quero celebralo,,,", indica o cómico, que continúa cargado de enerxía e así tivo a oportunidade de comprobar o público que se achegou a ver o seu espectáculo.

Esta proposta escénica inclúese no ciclo Guerrilla, que promove a concellería de Cultura do Concello de Pontevedra.