Leiva e Iván Ferreiro compartirán escenario o 23 de agosto nun concerto en Pontevedra

Pontevedra
08 de agosto 2023

A actuación, na que ambos os dous artistas presentarán os seus respectivos espectáculos, terá lugar na chaira do Recinto Feiral. As entradas saen á venda este venres 11 de agosto

Concerto de Iván Ferreiro e Leiva en El Náutico de San Vicente do Mar Tania Moreda

Os concertos de verán de Pontevedra suman unha nova cita, e será cunha data marcada en vermello para moitos pola popularidade dos artistas involucrados.

Leiva e Iván Ferreiro compartirán escenario nun concerto na Boa Vila o vindeiro mércores 23 de agosto, segundo anunciou este martes a promotora Esmerarte.

Ambos os dous artistas presentarán en Pontevedra os seus respectivos espectáculos, cun show que se celebrará na chaira exterior do Recinto Feiral, aproveitando a infraestrutura que só uns días despois acollerá o festival Río Verbena Fest.

Segundo o anuncio de Esmerarte, a apertura de portas para o evento será ás 19.00 da tarde, estando previsto primeiro o concerto de Iván Ferreiro (21.00 horas) e a continuación o de Leiva (23.30 horas).

As entradas, cun prezo que parte dos 25 euros, sairán á venda o vindeiro venres 11 de agosto, ás 12.00 horas, a través de esmerarte.com e entradasatualcance.com.