A Asociación Cultural 'Nothing but the Blues' ten en marcha a campaña de crowdfunding para levar a cabo o concerto de homenaxe ao desaparecido músico Dani Moure.
O evento está programado para o 4 de maio e o obxectivo da campaña é recadar fondos para a realización do concerto, que contará coa participación de músicos e bandas que compartiron "momentos memorables" con Dani Moure ao longo dos anos.
A iniciativa é sen ánimo de lucro e a intención é que as contribucións axuden aos participantes para ser "parte integral" da homenaxe.
Para apoiar o crowdfundin establécese a ligazón https://vkm.is/nothingbuttheblues
En redes sociais o concerto vai promocionar a través do hashtag #ConcertoDaniMoure