'La Strada' arranca o mes dedicado a Fellini no Cineclube de Pontevedra

Pontevedra
03 de febreiro 2020

'La Strada', a súa cinta de 1954, é a escollida para dar comezo a este ciclo, que segue co seu horario e lugar habituais para esta clase de citas, dando comezo ás 20.30 no Teatro Principal. A entrada terá un prezo de trs euros para a proxección que se realizará en versión orixinal con subtítulos

Fotograma de 'La Strada', de Fellini Cineclube Pontevedra

A nova cita cinéfila para os pontevederes de mañá martes levará a firma de Federico Fellini, o laureado director italián ao que o Cineclube de Pontevedra dedica este mes de febreiro a súa programación.

'La Strada', a súa cinta de 1954, é a escollida para dar comezo a este ciclo, que segue co seu horario e lugar habituais para esta clase de citas, dando comezo ás 20.30 no Teatro Principal. A entrada terá un prezo de trs euros para a proxección que se realizará en versión orixinal con subtítulos.

En 'La Strada' seguimos a Gesolmina no seu incerto camiño como axudante dun artista ambulante, Zampano. A abusiva personalidade do mesmo confrontará coa natureza inxenua da nova, que pronto verase presa dunha relación tóxica da que debe fuxir.

Atopámonos ante unha fábula sobre a natureza humana e a adicción que se converteu nunha das obras máis influentes de Fellini, e que se fixo co León de Prata no Festival de Cine de Venecia e co Oscar a mellor película de fala non inglesa.

Ficha
Título: La Strada
Director: Federico Fellini
Ano: 1954
País: Italia
Duración: 104 min.