Kiko da Silva será un dos protagonistas do Viñetas desde o Atlántico

Pontevedra
06 de agosto 2017

Unha mostra da obra de Kiko dá Silva poderase ver no Quiosco Alfonso xunto á doutros autores nacionais e internacionais. Nese mesmo recinto dará unha conferencia o martes 8 ás 18.30 horas

Kiko Dasilva no Garaxe Hermético

Galicia terá unha importante presenza na vixésima edición de Viñetas desde o Atlántico que se desenvolverá desde o vindeiro luns 7 e ata o 13 de agosto. Ata dezasete debuxantes galegos participarán, dunha forma ou outra, no vinte aniversario do Salón Internacional coruñés.

Fran Jaraba, Fernando Iglesias, Xaquín Marín, DasPastoras, Fran Bueno, Alex Cal, Emma Ríos, Víctor Rivas, David Rubín, José Domingo, Fausto Isorna, Jano, Martín Romero y Ramón Marcos, destacando a presenza de Kiko da Silva.

Unha mostra da obra de Kiko da Silva poderase ver no Quiosco Alfonso xunto á doutros autores nacionais e internacionais. Nese mesmo recinto dará unha conferencia o martes 8 ás 18.30 horas.

A organización do Viñetas 2017 sinala ao pontevedrés como "un nome imprescindible da historieta en Galicia" e destaca o seu labor como creador da revista BD de Banda e da Escola Profesional de Cómic e Ilustración de Galicia O Garaxe Hermético.

Entre os autores convidados este ano atópanse Dave Mckean, Eduardo Risso, Enrique Sánchez Abulí, Julie Rocheleau, Ralph Meyer, Cameron Stewart, Natacha Bustos, Nob (Bruno Chevier), Pablo Auladell, Rayco Pulido e Javi Rey.

Nos pratos fortes da oferta do festival, promovido polo Concello da Coruña, está a mostra retrospectiva-comparativa A Banda Deseñada galega nos 20 anos de Viñetas que se colgará nas paredes de Afundación, que xunto á veciña Fundación Barrié, súmanse esta edición por primeira vez aos espazos expositivos do Salón Internacional do Cómic.