As rúas e prazas do centro histórico despediron este xoves a sétima edición do festival Itineranta, con catro novos espectáculos que fixeron as delicias dos presentes.
O festival de espectáculos de rúa itinerantes contou cunha alta participación de público en cada unha das xornadas.
Ata 11 compañías e grupos de todo o territorio nacional participaron en Itineranta.
As propostas Todo Zancos (Bangaluru Cercavila), Olodumdo Coio, Draco (Troula) e Su Á Feu (Deabru Beltzak) baixaron o pano dun festival xa consolidado e que promete volver con forza o próximo ano.