José Malvárez Carleos, o autor coruñés, comeza nesta segunda quincena do mes de agosto unha nova serie gráfica. Baixo o título de '§' presenta unha nova historia, neste caso, humorística baseada nos principios da filosofía.
O argumento céntrase no personaxe de Narrador que se achega ao gran Sabio pero na súa visita atópao recluído nunha cova sen querer saber nada do mundo. De mala gana vai contarlle a historia de como viaxou na procura do coñecemento e todo o que foi atopando durante a súa odisea.
Desde este luns 19 de agosto, Malvárez Carleos presenta esta nova aventura escrita en lingua galega.
JOSÉ MALVÁREZ CARLEOS
O ilustrador coruñés formouse en Pontevedra, na escola de creadores gráficos de Kiko da Silva, O Garaxe Hermético. O seu obxectivo é manter unha continua actividade creativa e o máis destacado do seu amplo traballo artístico pode lerse a través de www.piuley.es.
Cada día publica unha páxina das súas creacións en PontevedraViva, onde podes seguir a súa evolución. Ata o momento ten publicado os siguientes títulos neste periódico dixital: 'Ela e máis el', 'Soñadores'; 'Reverso'; 'La Posada de las Historias'; 'Narrador'; 'Pura ficción'; 'Viaxe en tren'; a historia curta, 'O hórreo', 'Viaxes entre viñetas', 'Escuridade' e '100 Historias'.
Con motivo da celebración do Festival de Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico 2019 publicou en formato físico e dixital a través de Amazon o primeiro volume das historias de 'Narrador', que se pode adquirir a través deste enlace.