Logo de catro discos en castelán e portugués, Gustavo Almeida ven de publicar "Vértice", o seu primeiro traballo discográfico en lingua galega.
Gustavo Almeida presentará este disco en directo o vindeiro venres 3 de febreiro nun concerto que ofrecerá no Teatro Principal de Pontevedra.
Para esa ocasión tan especial, ademais da banda que o acompaña habitualmente, Gustavo Almeida contará coa participación dos seis artistas que gravaron con el duetos neste traballo: Teo Cardalda (Cómplices), Nastasia Zürcher, Silvia Penide, Sheila Patricia, Manoele de Felisa e Brais Morán.
Vértice é un disco-libro que conta, no apartado literario, con dúas historias que se entrelazan: O seu paso do fútbol á música e o proceso de produción do mesmo. Ademais dos prólogos das escritoras Baia Fernández e Fina Casalderrey e o cifrado de todas as cancións.
No musical, "Vértice" evoca ese punto de unión entre a cultura brasileira e a española e esa fusión de estilos (pop, funk, canción de autor...) que sempre ten caracterizado os traballos discográficos de Gustavo Almeida.