Gustavo Almeida lanza 'Siempre tú' en apoio á Asociación FRANGIL contra a leucemia

Pontevedra
05 de xuño 2024

Este single preséntase este venres 7 de xuño como primeiro adianto do seu EP 'Revértice', que incluirá cinco temas do artista de orixe brasileira. A canción vai estrearse no Auditorio do Concello de Vigo durante a gala de celebración do 15 aniversario da Asociación FRANGIL

Concerto de Gustavo Almeida na Ferrería Cristina Saiz

"Hay veces que la vida pesa más de lo normal", así comeza a letra da canción adianto do próximo álbum de Gustavo Almeida.

O título do tema é 'Siempre tú', unha balada composta con motivo do 15 aniversario da Asociación FRANGIL contra a leucemia, un colectivo que loita por sensiblizar a poboación sobre a importancia de doar médula.

Esta canción manifesta o positivismo realista do compositor de orixe brasileira.

O single é un adianto de 'Revértice', o vindeiro EP do cantante no que se incluirán cinco temas coa colaboración de outros artistas de relevancia no panorama musical internacional.

A estrea de 'Siempre tú' será o venres 7 de xuño, ás 21.00 horas, no Auditorio do Concello de Vigo durante a Gala de celebración do aniversario da asociación.

As entradas permanecen á venda na páxina web da Asociación FRANGIL.