A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao editor Henrique Alvarellos, o arqueólogo e coautor, Rafael Rodríguez, presentou este domingo no marco de Culturgal o libro "Galaicos, un pobo entre dous mundos".
A obra recolle a ambiciosa exposición que desde o pasado outubro pódese ver no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid, e que na vindeira primavera trasladarase ao Museo Íbero de Jaen e ao Museo de Valencia antes de volver a Pontevedra para ser acollida polo Museo Provincial.
En palabras de Carmela Silva, "Galaicos é moito máis que unha exposición, é unha inxeción de autoestima".
"Galaicos" conta cos textos de Antoni Nicolau, Xurxo Allán, Diego Piay, Mª Luísa Castro e Rafael Rodríguez, nas ilustracións de Iñaki Dieguez e Juan de Dios Tenorio e nas fichas de Alejandro Güimil.
As persoas que o lean poderán atopar os máis importantes xacementos como Castrolandín-Cuntis, na Lanzada-Sanxenxo, nas Salinas-Vigo, en Monte de Facho-Cangas, en Toiríz-Silleda, na Cabeciña-Oia, en Mercado dos Mouros-Valga, na Subidá-Marín, en Alobre-Vilagarcía de Arousa, en Adro Vello-O Grove, en Monte do Castro-Ribadumia, en Alto dos Cubos- Tui, en Alto da Cruz do Castro-Cerdedo Cotobade, no Castro de Donón_Cangas, no Castro de Penalba-Campo Lameiro, en Troña-Ponteareas, en Porta do Arcos en Rodeiro, no Tegra-A Guarda ou en Taboexa-As Neves.