Fusión entre tradición e modernidade na Peregrina con Fillas de Cassandra

Pontevedra
18 de agosto 2024

Fillas de Cassandra protagonizaron este sábado 17 de agosto o concerto principal da xornada no escenario da Praza de España, ao que achegaron a proposta coa que conseguiron entrar como un ciclón dentro da escena musical galega

Concerto de Fillas de Cassandra nas Festas da Peregrina 2024

En 2023 foron protagonistas do ciclo 'Con Voz de Muller' na Praza da Ferrería, e este ano repetiron como un dos pratos fortes da programación musical das Festas da Peregrina.

Fillas de Cassandra protagonizaron este sábado o concerto principal da xornada no escenario da Praza de España, ao que achegaron a proposta coa que conseguiron entrar como un ciclón dentro da escena musical galega.

O dúo vigués formado por Sara Faro e María SOA conquistou o público pontevedrés coa súa fusión de tradición e modernidade, mestura de melodías tradicionais e cantigas con ritmos electrónicos contemporáneos.

Toda unha experiencia na que o público tamén foi protagonista e na que presentaron o que é o seu primeiro traballo discográfico, 'Acrópole'.

Para este domingo, última xornada da Semana Grande das Festas da Peregrina, será quenda para o concerto de Tanxugueiras na Praza de España (22.30 horas), ademais do recital previsto na Ferrería (21.00 horas) da Banda de Música de Pontevedra e Pelepau.