Furious Monkey House ofrecerán 'cancións por regalos' o 2 de xaneiro no Gaiás

Pontevedra
25 de decembro 2015

Os pontevedreses Furious Monkey House seguen abríndose camiño no mundo da música. Tras presentar recentemente o seu primeiro disco, Run, o seu nome empeza a coarse nos carteis dalgúns dos festivais máis representativos de Galicia. Un deles, é a iniciativa benéfica Cancións por regalos, que cada Nadal celébrase na Cidade da Cultura. Na edición deste ano, serán un dos protagonistas

Concerto de Furious Monkey House no Pazo da Cultura Diego Torrado

Os pontevedreses Furious Monkey House seguen abríndose camiño no mundo da música. Tras presentar recentemente o seu primeiro disco, Run, o seu nome empeza a coarse nos carteis dalgúns dos festivais máis representativos de Galicia. Un deles, é a iniciativa benéfica Cancións por regalos, que cada Nadal celébrase na Cidade da Cultura. Na edición deste ano, serán un dos protagonistas.

Cancións por regalos, que se celebrará o vindeiro sábado 2 de xaneiro a partir das cinco da tarde, é un festival solidario que busca que os máis pequenos da casa poidan achegarse ao mellor pop do momento xunto aos seus pais, a cambio dunha entrada simbólica.

Segundo destacan os seus organizadores, Ernie Producciones, é unha iniciativa "redonda" na que todos saen gañando porque "mentres ti levas para casa unas cantas cancións para o recordo, aqueles que máis o necesitan terán unha sorpresa o Día de Reis, o agasallo que ti elixas como entrada".

Porque esa é, precisamente, a única condición para acceder a este festival no Gaiás: cada persoa que vaia debe entregar un agasallo a cambio, que serán repartidos posteriormente entre familias con poucos recursos.

Mariña, Manu, Irene, Carlota e Amaya, acompañados do seu inseparable mono furioso serán parte destes músicos que regalarán as súas cancións aos solidarios espectadores. Interpretarán os temas de rock and roll que nos últimos meses gravaron no histórico estudo británico de Abbey Road, así como outras versións de bandas moi coñecidas.

Pero Furious Monkey House non estarán sós neste festival. Compartirán escenario con outros dous grupos galegos, os vigueses Eladio y los seres queridos e Sleeping Cat, unha banda procedente de Noia.

Todos os agasallos que se recollan serán canalizados a través da Asociación de Iniciativa Social Berce, unha entidade sen ánimo de lucro que naceu en Vigo hai vinte anos e que traballa en centros de atención a menores.