Fran Zabaleta e Manel Loureiro, primeiros autores invitados do ciclo "En paralelo: noites de literatura y cine"

Pontevedra
04 de abril 2013

Escritores reflexionando sobre o xénero literario que define a súa obra e relacionándoo con películas do mesmo estilo. ÿ o que propón o ciclo En paralelo: noites de literatura e cine, que se celebrará todos os meses do ano, excepto xuño, xullo e agosto, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Fran Zabaleta, escritor que participará no ciclo "En paralelo: noites de literatura y cine" Fran Zabaleta

Escritores reflexionando sobre o xénero literario que define a súa obra e relacionándoo con películas do mesmo estilo. ÿ o que propón o ciclo En paralelo: noites de literatura e cine, que se celebrará todos os meses do ano, excepto xuño, xullo e agosto, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.

O ciclo comezará o vindeiro venres 12 de abril ás 20.00 horas cunha conferencia do escritor Fran Zabaleta, que disertará sobre Relacións entre a historia e a novela histórica. Escritor, editor, guionista de documentales e socio fundador de Redelibros, rede social galega de literatura, Fran Zabaleta traballou como editor de textos con editoriais como Anaya, Santillana ou Grazalema e na actualidade dirixe a súa propia editorial: Ediciones Redelibros.

Na súa faceta de guionista, é autor de documentais para institucións, empresas e televisión. Tamén adaptou clásicos da literatura universal para mozos, como Ivanhoe (Alfaguara, 1996), Moby Dick (Alfaguara, 1996), La llamada de la naturealeza (Alfaguara, 1997), La Celestina (Ediciones SM, 2008) o Fábulas da Fontaine (Ediciones SM, 2009).

ÿ autor de obras de referencia como 99 libros para ser más culto (Martínez Roca, 2011), Literatura para vagos (Espasa, 2009) o Xoán Branco e a gran revolta irmandiña (Nigratrea, 2012) e das novelas históricas La cruz de ceniza (Suma de Letras, 2005, traducida ao portugués y publicada en Brasil por Editora Record), Medievalario (Redelibros, 2011) e En tiempo de halcones (de próxima aparición).

A súa conferencia complementarase coa proxección, o mércores seguinte, da película 1492. La conquista do paraíso, dirixida por Ridley Scott en 1992.

Para o mes de maio está programada a conferencia do pontevedrés Manel Loureiro, autor da exitosa saga de Apocalipsis Z. No seu caso, a súa intervención será o venres 3, tamén ás 20.00 horas. Como se escribe unha novela: distintos camiños para construír unha historia, que así se chama a súa charla completarase coa proxección da película Con la muerte en los talones, de Alfred Hitchcock.