'Force Majeure' abre o mes de marzo do Cineclube

Pontevedra
02 de marzo 2020

A programación prevista para o mes de marzo no Cineclube de Pontevedra dará comezo este martes 3 coa proxeción da cinta francosuiza 'Force Majeure', do director Ruben Östlund. A sesión, que dará comezo ás 20.30 no Teatro Principal, realizarase en versión orixinal con subtítulos en castelán. O prezo da entrada será de tres euros

Fotograma de 'Force Majeure' Cineclube Pontevedra

A programación prevista para o mes de marzo no Cineclube de Pontevedra dará comezo este martes 3 coa proxeción da cinta francosuiza 'Force Majeure', do director Ruben Östlund. A sesión, que dará comezo ás 20.30 no Teatro Principal, realizarase en versión orixinal con subtítulos en castelán. O prezo da entrada será de tres euros.

'Force Majeure' lévanos ao luxo dun complexo turístico dos Alpes no que un matrimonio con fillos dedica os seus días a relaxarse e facer esquí. Este clima de ocio é interrompido por unha avalancha, durante a cal o pai de familia prioriza o seu escape sobre o da súa muller e fillos. Canndo o evento catastrófico resulta ser inofensivo, as tensións resultantes do episodio mudarán as dinámicas de familia.

Atopámonos ante unha comedia negra que tivo un grande éxito de crítica e se fixo co premio do xurado no Festival de Cannes en 2015. O seu director, Ruben Östlund, gañará tres anos máis tarde a Palma de Ouro nese mesmo festival polo seu seguinte filme, 'The Square'. Este mesmo ano estreouse un remake estaounidense que ten por título 'Downhill'.

Ficha

Título: Force Majeure
Director: Ruben Östlund
Ano: 2014
País: Francia, Noruega, Suecia
Duración: 119 min.