'Feminíssimas' abre este xoves o ciclo de actuacións de Ponteatro

Pontevedra
10 de marzo 2021

A Xunta promove sete actuacións escénicas e musicais na cidade de Pontevedra ata xuño, no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. O circuíto retoma este xoves 11 de marzo a actividade programada en colaboración co Concello

 div>
Protagonistas da obra "Feminíssimas" de De Ste Xeito Producións De Ste Xeito Producións

A Xunta promove sete actuacións escénicas e musicais na cidade de Pontevedra ata xuño, no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, RGTA. O circuíto retoma este xoves 11 de marzo a actividade programada en colaboración co Concello. O Teatro Principalacollerá as pezas teatrais previstas nos próximos meses e no Auditorio do Pazo da Cultura, o concierto de Sés.

As funcións estarán organizadas en colaboración co Concello e se desenvolverán tanto no Teatro Principal como no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. A carteleira con todos os horarios pódese consultar na páxina web de Cultura de Galicia e na Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic.

As entradas poderán adquirirse na web de Ataquilla

Deste xeito comenzarán as actuacións mañá xoves 11 de marzo. Representarase no Teatro Principal 'Feminíssimas', de De Ste Xeito Producións, unha creación colectiva coa amizade como fondo; e o feminismo e os seus diversos xeitos de entendelo, como forma.

A seguinte actuación está programada para o mes de abril. Será o domingo 11, e tratarase dunha dobre función de 'Cartoóns', de Producións Teatráis Excéntricas. A obra está dirixida ao público familiar e incide en valores como o traballo colectivo, a solidaridade, a empatía social e a autosuficiencia, así como na conciencia ecolóxica.

Para o mes de maio tamén haberá unha dobre representación o domingo 2. Esta función estará máis enfocada cara os cativos, con 'Contacreques', de Eme2 emocion&arte. Trátase dunha peza que crea un mundo con voces de contacontos e corpos de monicreques.

No mesmo mes de maio, o xoves 20será o turno de Redrum Teatro con 'O mozo da última fila'. Esta función trátase dunha reflexión cargada de ironía sobre a necesidade de contar historias, a fascinación polas vidas alleas e a lexitimidade da creación artística.

En total se trata dun programa que cubre máis de 300 actuacións en 40 concellos, polo que a Rede Galega de Teatros e Auditorios retoma a actividade suspendidanas últimas semanas por culpa das restricións da covid-19.