Éxito coral na Ferrería

Pontevedra
12 de agosto 2024

O público volveu encher a Praza da Ferrería nesta xornada de domingo para gozar da música que seis corais pontevedresas presentaron nestas Festas da Peregrina no tradicional Festival de Corais

Festival de Corais Mosrey Fotografía

Seis agrupacións de Pontevedra que traballan con sons polifónicos subíronse ao escenario da praza da Ferrería este domingo 11 para ofrecer as súas mellores interpretacións de pezas tradicionais no Festival de Corais das Festas da Peregrina.

Todas as persoas integrantes das agrupacións amosaron o seu bo facer.

A Coral Alameda do Fogar do Maior, Coral Bella Helenes, Coral Helénica, Coral Polifónica de AC do Chopo, Coral Airiños de Campañó e Coral Pontis Veteris lograron que o público que ateigaba o recinto gozase dos xogos vocais.

Este luns 12, a partir das 21.00 horas, o escenario acollerá outro magnífico espectáculo: a gala sinfónico tradicional da Orquestra Sinfónica de Pontevedra coa Agrupación Folclórica Tequexetéldere.