Este domingo coñecerase o palmarés desta quinta edición de Novos Cinemas

Pontevedra
20 de decembro 2020

Ás 12.00 horas no Teatro Principal comenzará a lectura do palmarés dos premiados desta edición con intervencións da dirección do festival e integrantes do xurado. O Festival Internacional rematará ás 20.00 horas coa proxección de My Mexican Bretzel, de Nuria Giménez, que concluirá cun coloquio coa directoraspanhelvetica>spanhelvetica>spanhelvetica>

A directora Nuria Giménez durante a súa participación en Novos Cinemas 05

Este domingo finaliza Novos Cinemas 05 cunha xornada na que se lerá o palmarés de galardóns desta edición a partir das 12.00 horas no Teatro Principal. O acto contará coa intervención da dirección do festival que realizan Dani Froiz e Suso Novás coa presenza tamén dos integrantes do xurado novo, xurado da crítica e os xurados da sección oficial e de  Latexos.

Previamente, ás 10.00 horas, a sección  Latexos ofrecerá a película de Manuel Encoro '¿Qué hago en este mundo tan visual?'. A xornada continuará xa pola tarde coa proxección de 'Aliens' e de 'El Futuro', de Luís López Carrasco. Será a partir das 16.30 horas.

A última cita e a clausura do Festival chegará ás 20.00 horas tamén no Teatro Principal coa proxección de 'My Mexican Bretzel', da directora Nuria Giménez, que manterá un coloquio tras o visionado da película co público asistente.

As entradas para asistir ás sesións de pago poden adquirirse a través de ataquilla.com ou no despacho de billetes do Teatro Principal de Pontevedra a partir de dúas horas antes do inicio de cada sesión. O peche do despacho de billetes tamén será unha hora antes do inicio da proxección por motivos de protocolo sanitario. Desde a organización lembran que as películas da sección oficial, da sección  Latexos e da  selleción de obras que pasaron polo festival en anos anteriores atópanse dispoñibles a través da plataforma Filmin.