Esgotadas as prazas para a sesión de Margarita Ledo e Xacio Baño nas últimas 'Visitas Cruzadas'

Pontevedra
24 de abril 2018

A convocatoria para apuntarse á cuarta xornada destas visitas guiadas polo Museo de Pontevedra realizadas por persoas relevantes da cultura galega volveu ser un éxito e en poucos minutos esgotáronse as prazas para a actividade prevista para este domingo 29 

Visita cruzada no Sexto Edificio do Museo con Nieves Rodríguez e Francisco Castro Mónica Patxot

A escritora, profesora e cineasta Margarita Ledo e o director de cinema, Xacio Baño, serán os protagonistas da última sesión das 'Visitas Cruzadas', prevista para o domingo 29 de abril no Museo de Pontevedra.

Este luns abríase o prazo para inscribirse para esta nova cita e en sete minutos xa se cubrían as 50 prazas dispoñibles para esta visita con persoas de relevancia na cultura galega e, en concreto, do cinema.

Nesta ocasión serán dúas das persoas encargadas de ofrecer a súa visión sobre algunhas das máis importantes obras que se atopan no Museo pontevedrés.

Na deste domingo, a actriz e comunicadora Nieves Rodríguez e o escritor e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro, que escolleron percorridos asociados coas súas actividades profesionais e ofreceron unhas Visitas Cruzadas moi interesantes cun valse como protagonista, así como referencias á procura da beleza para facer un mundo mellor.

Ambos os guías destacaron a figura de Alfonso Rodríguez Castelao como o arquitecto da  concicencia do país galego e o artista de Galicia máis inmortal.