Duascentas seis maneiras de entender a Ravachol

Pontevedra
19 de febreiro 2021

Gran resposta obtivo o Museo de Pontevedra á súa iniciativa para que os escolares da cidade imaxinaran o seu propio Ravachol. Recibíronse ata 206 debuxos, que estarán expostos no espazo vidrado do Edificio Castelao durante os próximos días

Debuxo presentado ao concurso do Museo Leo Caamaño

Gran resposta obtivo o Museo de Pontevedra á súa iniciativa para que os escolares da cidade imaxinaran o seu propio Ravachol. Recibíronse ata 206 debuxos, que estarán expostos no espazo vidrado do Edificio Castelao durante os próximos días.

Houbo mesmo centros educativos nos que participaron clases enteiras como unha actividade didáctica de aula. Algúns deles foron o CPR Sagrado Corazón de Pontevedra, o CEIP San Martiño de Salcedo, o CEIP Xunqueira I, o CEIP Froebel ou o CEIP San Benito de Lérez.

O disfrace de Ravachol que máis triunfou foi aquel que se inspirou na pandemia da covid-19 e houbo ducias de loros médicos, enfermeiros, farmacéuticos, vacinadores, monstros ou mensaxes de "queda na casa".

Foron moi recorrentes os piratas, unicornios, bruxos, arcos da vella, superheroes, cabaleiros de época, astronautas, peliqueiros, reis, policías ou bombeiros, aínda que tamén houbo moita orixinalidade, cabida para persoeiros ou propostas pola igualdade de xénero.

A técnica empregada foi fundamentalmente o debuxo, pero tamén houbo moitas colaxes e mesmo algún Ravachol con técnicas artísticas como a témpera ou a augada.

Un total de 39 debuxos foron presentados por nenos e nenas de 3 a 6 anos, 164 foron de nenos e nenas de 7 a 11 anos e só tres entre os rapaces e rapazas de 12 a 14 anos.

Os premiados neste concurso artístico foron: 

Categoría 1, nenos de 3-6 anos

  • 1º premio: Loro pirata Ravachol, Leo Caamaño Mera (4 anos)
    • Accésit:  El Ravacholiris, Manuela Ramos Ricoy (6 anos)  

 

Categoría 2, nenos 7-11 anos 

  • 1º  premio: Ravachol Harry Potter, Cintia Tizado Sanfiz (7 anos) 
    • Accésit: O Ravachol vacinador, Julieta Iglesias Rodríguez (11 anos)

 

Categoría 3, nenos 12-14 anos 

  • 1º premio: O Ravachol olla por nós, Paloma Pérez Peleteiro (13 anos)