Dorian e La Casa de los Ingleses abren coa praza chea os concertos da Peregrina 2016

Pontevedra
14 de agosto 2016

Co tirón dun grupo local,  La Casa de los Ingleses, e o atractivo dunha das bandas actuais con maior proxección nacional e internacional, Dorian. Así de forte estreouse este sábado o ciclo de concertos das festas da Peregrina e a oferta convenceu ao público, que encheu a praza de España  

Concerto de 'Dorian' e 'La Casa de los Ingleses' na praza de España

Co tirón dun grupo local,  La Casa de los Ingleses, e o atractivo dunha das bandas actuais con maior proxección nacional e internacional, Dorian. Así de forte estreouse este sábado o ciclo de concertos das festas da Peregrina e a oferta convenceu ao público, que encheu a praza de España. 

O fenómeno fan está moi arraigado en ambos os grupos, como demostrou a presenza de grupos de mozos desde varias horas antes da actuación. Empezaron, como teloneiros, os pontevedreses La Casa de los Ingleses e ofreceron un concerto cun repaso ao seu repertorio indie pop no que non faltaron as súas cancións rítmicas e bailables e as pezas máis próximas e intensas.

Logo tocoulle a quenda ao son de new wave, música electrónica e indie rock de Dorian, que resumiu sobre o escenario a súa década de carreira deixando moi bo sabor de boca para quen este domingo toma o relevo dos concertos das festas locais, Xoel López.

Domingo 14: Xoel López

Luns 15: Quatro de abril e Bertín Osborne

Martes 16: Furious Monkey House e Izal

Mércores 17: Fran Amil e a Tribo IncomprensíbelTreixadura Banda de Música de Pontevedra

Xoves 18: Los tres soles del Paraguay e concerto World Dance Music

Venres 19: Daniel Minimalia e Rosa Cedrón

Sábado 20: Pel e Pau e Dvicio

Domingo 21: Loquillo

AmpArticleViewer.default.tags