O público pontevedrés achegouse este domingo a unha tenra historia, a de Jojo, o primeiro orangután que foi rescatado da súa catividade. Fixérono da man da compañía catalá Borja Ytuquepintas, os invitados a unha nova sesión de Domingos do Principal.
O seu espectáculo, titulado precisamente Jojo, narra precisamente a historia deste orangután, cuxo rescate significou o inicio do proxecto Animal Recue, unha ONG que traballa para que estes animais poidan ser rehabilitados no seu medio natural.
Usando poesía visual sen texto e empregando, entre outras técnicas, a area, a manipulación de monicreques e a música en directo, a compañía teatral ofreceu unha fermosa proposta escénica.
A próxima cita con Domingos do Principal será o próximo 14 marzo, en sesión dobre ás 12:00 e 18:30 horas, coa obra Semente - O homem que plantava árvores, da compañía portuguesa Ajidanha.