Domingos do Principal internacionalízase con "Semente", da compañía portuguesa Ajidanha

Pontevedra
12 de marzo 2021

Semente - O homem que plantava árvores é a aposta do ciclo Domingos do Principal para este próximo domingo 14 de marzo. Este espectáculo, da compañía portuguesa Ajidanha, poderá verse no Teatro Principal en sesión dobre, ás 12:00 e ás 18:30 horas

Escena da obra "Semente", da compañía Ajidanha PontevedraViva

Semente - O homem que plantava árvores é a aposta do ciclo Domingos do Principal para este próximo domingo 14 de marzo. Este espectáculo, da compañía portuguesa Ajidanha, poderá verse no Teatro Principal en sesión dobre, ás 12:00 e ás 18:30 horas.

A partir da obra de Jean Giono, O homem que plantava árvores é unha historia sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo.

Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do sitio onde vive un lugar especial e que, usando só os seus propios medios, consegue reforestar só una das rexións máis inhóspitas e áridas de Francia.

Este espectáculo de actor está a recomendar para público a partir de 8 anos.

As entradas para asistir á representación están á venda en Ataquilla.com.