O Teatro Principal de Pontevedra acollerá este domingo 11 de abril unha nova sesión do ciclo Domingos do Principal. Será coa obra Cartoóns, unha coprodución das compañías Producións Excéntricas e Teatro do Adro.
Este espectáculo musical e de clowns está protagonizado polos actores Víctor Mosqueira e Josito Porto, que dan vida a dous pallasos que viven á marxe de todo.
Rodeados de tarxetas, nun mundo de tarxetas que a xente tira porque non serven para nada, ambos construirán cousas e máis cousas, entre elas todas as historias que contan ao público.
Cartoóns, que se representará en sesión dobre ás 12:00 e ás 18:30 horas, é un espectáculo recomendado a espectadores a partir de 4 anos.
As entradas para vela están á venda a través de Ataquilla.com.