Dolores Redondo presenta na súa exitosa traxectoria como escritora a Nash Elizondo, unha psicóloga forense que chega aos Valles Tranquilos de Navarra para documentar a orixe dunha lenda sobre bruxaría.
Dentro da sima de Legarrea atopan o cadáver dunha moza que desaparecera tres anos atrás e cuxo caso conmocionara á poboación española.
Con 'Las que no duermen. Nash' dá continuidade a un cuarteto de novelas que arrincaron con 'Esperando ao diluvio'. Naquel caso situada temporalmente na inundación que arrasou Bilbao en 1983 e neste caso nos prolegómenos do confinamento de 2020 pola covid-19.
Desconcerta o vínculo entre unha e outra, pero "coa terceira novela entenderase como están relacionadas" avanza Dolores Redondo na charla que mantemos con ela no podcast 'Cara a cara'.
A autora donostiarra volve levar ao público lector até o Baztán e tamén, aínda que non como protagonista, a Amaia Salazar que xunto a Nash tómanse a liberdade de falar da súa creadora como un personaxe máis da novela.
Esa moza desaparecida que se atopa morta dentro dunha sima ten vimbias de casos da crónica negra recente. Este libro tamén bebe do caso real dunha desaparición sen esclarecer aínda e da "execución por bruxaría máis recente do noso país e que foi descuberta en 2016".
'Las que no duermen' é igualmente "unha novela moi matriarcal" con mulleres que segundo nos avanza Redondo, e no caso das Mitxelena, viñeron para quedar.
É a través delas como engade unha homenaxe ás persoas que traballan no sector funerario rural; de feito, documentouse cunha funeraria rural galega "que me axudaron a entender como viviron eles o inicio da pandemia".
Está envorcada na escritura deses próximos títulos. Únicamente realizou nove presentacións desta última novela e non volverá até abril en Barcelona e en maio e xuño en Madrid.
"Espero que a viaxe vos resulte tan ameno como a min escribilas", desexa. Misión cumprida e até a próxima novela.