'Diaro íntimo de Adele H.', un relato de obsesión para o ciclo 'O Oficio de Vivir'

Pontevedra
05 de febreiro 2020

A proxección, que ten entrada de balde ata completar aforo, celebrarase este xoves ás 19.00 no Teatro Principal.

Fotograma de 'Diario íntimo de Adele H.', de Truffaut PontevedraViva

O ciclo sobre saúde mental e cinema 'O oficio de vivir' celebrará este xoves a súa segunda sesion coa proxección da cinta 'Diario íntimo de Adele H.', do director francés François Truffaut. A proxección, que ten entrada de balde ata completar aforo, celebrarase ás 19.00 no Teatro Principal.

Nesta exploración sobre a caraterización do espectro emocional no medio audiovisual será a idea de obsesión e a degradación psicolóxica que se produce con ela a que tome o lugar protagonista.

En 'Diario íntimo de Adele H.' seguimos a Adele Hugo, filla do escritor Victor Hugo, no seu peripllo por terras canadienses durante a Guerra Civil Americana. Obsesionada co amor non correpondido dun oficial da mariña, a realidade do seu relato comeza a alterarse ao respecto do que a nova cóntalle á sua familia nas súas cartas.

Trátase dunha historia real adaptada a partir dos escritos da propia Adele, e que lle veleu a Isabella Adjani, a actriz que lle da vida, para facerse coa nominación para o Oscar á Mellor Actriz.

 

Ficha
Título: Diario íntimo de Adele H.
Director: François Truffaut
Ano: 1975
País: Francia
Duración: 96 min.