'Diante dos teus ollos', nova historia gráfica de José Malvárez

Pontevedra
26 de outubro 2019
Actualizado: 11 de novembro

Cada día PontevedraViva publicará unha páxina desta nova creación do debuxante formado no Garaxe Hermético. O argumento céntrase na historia dun mozo que intenta facer fronte ás dificultades sociais que se presentan para poder manter unha relación coa moza

'Diante dos teus ollos', de José Malvárez Carleos
'Diante dos teus ollos', de José Malvárez Carleos / José Malvárez Carleos

José Malvárez Carleos, o autor coruñés formado en Pontevedra, presenta unha nova historia en formato de banda deseñada. Cada día,PontevedraViva publicará unha páxina de 'Diante dos teus ollos', un relato reflexivo e intimista a través de atractivas imaxes. 

O argumento céntrase na historia dun mozo que intenta manter relación cunha moza malia as dificultades sociais que se van presentar e en contra da opinión dos seus compañeiros. Ámbolos protagonistas van experimentando unha evolución ao longo desta breve narración gráfica.

Desde este sábado 26 de outubro, Malvárez Carleos presenta esta orixinal aventura elaborada en lingua galega e cunha nova tonalidade de cor, unha das características principais do seu estilo visual que aporta singularidade a cada unha das súas creacións.

JOSÉ MALVÁREZ CARLEOS

O ilustrador coruñés formouse en Pontevedra, na escola de creadores gráficos de Kiko da Silva, O Garaxe Hermético. O seu obxectivo é manter unha continua actividade creativa e o máis destacado do seu amplo traballo artístico pode lerse a través de www.piuley.es.

Cada día publica unha páxina das súas creacións en PontevedraViva, onde podes seguir a súa evolución gráfica e argumental. Ata o momento ten publicado os siguientes títulos neste periódico dixital: 'Ela e máis el''Soñadores'; 'Reverso'; 'La Posada de las Historias''Narrador''Pura ficción''Viaxe en tren'; a historia curta, 'O hórreo''Viaxes entre viñetas''Escuridade''100 Historias' e '§'.

Con motivo da celebración do Festival de Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico 2019 publicou en formato físico e dixital a través de Amazon o primeiro volume das historias de 'Narrador', que se pode adquirir a través deste enlace.