'Déixame Saír', terror psicolóxico para o ciclo 'Entre Tebras'

Pontevedra
12 de marzo 2020

Este ciclo, organizado pola Universidade de Vigo, proxecta diferentes cintas de temática conspiratoria todos os vernes de forma gratuita. A sesión, que terá lugar na Casa das Campás, dará comezo ás 19.00

Escena da película 'Déixame saír' Enrique Morales

O ciclo de cinema negro 'Entre Tebras' volve mañá a Pontevedra coa proxección da cinta 'Déixame Saír', do director estadounidense Jordan Peele.

Este ciclo, organizado pola Universidade de Vigo, proxecta diferentes cintas de temática conspiratoria todos os vernes de forma gratuita. A sesión, que terá lugar na Casa das Campás, dará comezo ás 19.00.

'Déixame Saír' cóntanos a historia de Chris e Rose, que tras varios meses de relación viaxan á casa dos pais dela para unha reunión familiar. A calma tensa que parece deberse á natureza interracial da parella pronto comezará a adquirir outra dimensión cando Chris sofre un episodio terrorífico coa matriarca da familia do que non está seguro se foi un sono ou ocorriu de verdade.

Esta cinta, que foi un éxito total de crítica e público, convertiu a Jordan Peele no seu debut na dirección nunha das voces máis actuais do cinema de terror. Mesturando elementos do clima social estadounidense cos códigos do cinema de terror Peele preséntanos un relato que é xa un clásico do cinema de conspiracións. A cinta fíxose co Oscar ao Mellor Guion Orixinal nos premios da Academia de Hollywood en 2018.

Ficha

Título: Déixame Saír
Director: Jordan Peele
Ano: 2017
País: Estados Unidos, Chile
Duración: 104 min.