'De vella a bella' acada o éxito na primeira mostra poética 'Versos a dúas voces'

Pontevedra
21 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

O acto desenvolvíase no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra durante a tarde do mércores 20 coa participación de diversas persoas relacionadas coa actividade creativa e cultural no municipio

Fina Casalderrey e Antón Sobral no acto organizado por 'De vella a bella' Ateneo de Pontevedra

A iniciativa da ex profesora do IES Valle Inclán Ana Santos a través do blog cultural e de lecer 'De vella a bella'de crear unha mostra poética poñíase de relevo este mércores no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra nun acto que contaba coa participación de dezaseis parellas que recitaron poemas inéditos en lingua galega e portuguesa.

O acto denominado 'Versos a dúas voces' contou coa presentación de Manuel Lastra Galiano, en representación de 'De vella a bella', e de Gloria García, como integrante do Ateneo de Pontevedra.

Durante a velada ofreceron as súas intervencións a dúas voces: Maricarmen Cacabelos e Queco Fresco; os escritores Xesús Constela Doce e Manuel Pérez Lourido, colaboradores habituais de PontevedraViva; Adela Martínez e Adri de Vargas; Isabel García Uría e Xaime Toxo; Nila Álvarez Pouso e Ana Corzo Sánchez; Graça Foles e Teresa Melo; Ramón Caride Ogando e Lula Blanco Prol; Benito Piñeiro Sanjorge e Carmen Quinteiro Moreno; Paula Freire e António Silva; Se Rial e Fita a Galana; Ana Isabel Prol Álvarez e Esther Pardo Marmolejo;

Tamén participaron Silvia Figueiras Dovalo e Jesús Casal Piñeiro; Elena Lameiro Ferradás e Aarón Franco Outón; Julia González Alonso e Sara Maravillas; a académica da Real Academia Galega dás Letras, Fina Casalderrey e o artista Antón Sobral; ademais de Charo Valcárcel e Ana Santos.

O acto contou coa actuación musical a cargo de ex integrantes do grupo Quinta Feira, que ofreceron as pezas 'O señor das carapazas', de Blanco Torres; 'Tinta do mar', de Luísa Villalta; e 'Adeliña', de X. Xesús González.